top of page

FINDING... Castelo da Rocha Forte

  • Foto del escritor: findingalicia
    findingalicia
  • 6 jul 2015
  • 1 Min. de lectura

Castillo A Rocha Forte

Sabías que Santiago albergou o castelo medieval máis importante de Galicia e que aínda podes coñecelo?

A relevancia arquitectónica, relixiosa, histórica, social e económica da Catedral e da zona monumental que a envolve copou toda a información turística da capital galega, pero esta cidade aínda ten segredos non só descoñecidos para os visitantes, senon tamén para moitos composteláns.

Castillo A Rocha Forte

A fortaleza da Rocha Forte, que nos escritos da época se denominaba a fermosa xoia da igrexa de Santiago, mantívose en pé uns 200 anos, entre os séculos XIII e XV, cando foi parcialmente destruída. A Revolta dos Irmandiños contra os señores feudais, no ano 1467, derivou no derrubamento do castelo.

Tras moitos anos sepultada pola maleza e totalmente esquecida, con proxectís de canón diseminados ao redor dos restos da fortificación, os traballos para acondicionala comezaron a principios desta década.

Castillo A Rocha Forte

Así, actualmente podes adentrarte en fosos e dependencias utilizando as escaleiras que aínda se manteñen en pé e percorrer as súas estancias ou o perímetro das murallas se o que queres é sentirte como un verdadeiro señor feudal.

E, no caso de que a visita a este castelo con máis de 800 anos de antigüidade ubicado no barrio da Rocha Vella, abrira o teu apetito histórico, aconsellámoste camiñar uns catro quilómetros ata chegar a un asentamento prerromano no que poderás descubrir un petroglifo e un castro.

Esperamos que che gustara a nosa recomendación desta semana!

 
 
 

Comments


Planes destacados
Planes más recientes...
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Búsqueda por Etiquetas
Archivo
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Flickr Social Icon
  • Tumblr Social Icon
  • LinkedIn Social Icon
  • Trip Advisor Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Google+ Social Icon
  • Twitter Basic Square
bottom of page