top of page

FINDING... O Ézaro e Monte Pindo

  • Foto del escritor: findingalicia
    findingalicia
  • 6 jul 2015
  • 2 Min. de lectura

Cascada de O Ézaro

“A desembocadura do río Xallas, ao pé do monte Pindo, forma unha das paisaxes de maior emoción de Galicia”. O escritor galego Ramón Otero Pedrayo escolleu no 1926 estas palabras para referirse ao que se di que é o único río de Europa que vai morrer ao mar en forma de fervenza e ao monte que elixiron os deuses celtas para vixiar o mundo –ou o fin do mundo- dende o seu cumio.

Falamos do salto do Ézaro e do monte Pindo, nos concellos limítrofes de Dumbría e Carnota

(A Coruña), un patrimonio natural moi agredido pola acción humana.

E é que, se a fervenza acolle unha central hidroeléctrica que durante anos mantivo pechado o salto de auga, o Olimpo Celta foi vítima en 2013 dun incendio que, durante tres días, arrasou máis de 2.000 hectáreas. Hoxe a súa recuperación medioambiental é notoria e o sucedido serviu para difundir aínda máis a súa riqueza e as numerosas lendas que alberga.

Mirador Monte Pindo

Comezando polo Ézaro, é particularmente fascinante en inverno, cando o nivel de auga do río Xallas é maior. A súa caída dende uns 40 metros de altura evoca as lendas que aseguran que, na antigüidade, os vapores da catarata orientaban a navegación marítima.

A zona é moi accesible; sitio para aparcar o coche, postos de bocadillos e unha gran zona verde para sentarse a comer mentres observas o porto fluvial e a fervenza.

Continuando a estrada chegarás ao miradoiro do Ézaro, non sen deixar atrás unha homenaxe aos ciclistas que soportaron costas do 30% para culminar unha etapa da Volta a España en 2012. Dende o alto asistirás á pequena ría que forma o río Xallas na súa desembocadura, dentro dunha panorámica que engloba tamén o monte Pindo e o cabo Fisterra.

Cascada de O Ézaro

Se o teu é o sendeirismo, moi preto atoparás o inicio da ruta cara ao cumio do monte Pindo. A súa parte máis alta, o cumio de A Moa, elévase uns 630 metros sobre o océano Atlántico e permite divisar tamén o cabo considerado polos romanos o último recuncho do mundo coñecido. Polo camiño sorprenderanche as formas caprichosas das pedras. A lenda dubida entre se foron esculpidas polos antigos celtas ou se estes decidiron introducir nestas penas os seus espíritos para así vivir eternamente. Unha vez descendas, aconsellámosche descansar na praia de San Pedro, en Carnota. A súa auga azul contrasta co branco da súa area, practicamente un cadrado resgardado por un puñado de casas aos pés do Olimpo.

Playa de San Pedro

A menos de 15 quilómetros está o areal de Carnota, que, cuns sete quilómetros de lonxitude, é un dos máis extensos de Galicia.

Playa de Carnota

Esperamos que vos gustara a nosa recomendación desta semana!

 
 
 

Comments


Planes destacados
Planes más recientes...
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Búsqueda por Etiquetas
Archivo
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Flickr Social Icon
  • Tumblr Social Icon
  • LinkedIn Social Icon
  • Trip Advisor Social Icon
  • Instagram Social Icon
  • Google+ Social Icon
  • Twitter Basic Square
bottom of page