FINDING... Praias ocultas en Miño
- findingalicia
- 6 jul 2015
- 3 Min. de lectura

No plan que vos propoñemos esta semana visitaremos o litoral de Miño, se cadra un dos lugares con máis atractivos turístico do Golfo Ártabro. As súas fabulosos praias e calas, o seu microclima de augas cálidas da ría de Betanzos, a súa inmellorable ubicación e as súas excelentes comunicación fan deste pequeno pobo un destino ideal para unha escapada estival.
Para situármonos, A Coruña e Ferrol atópanse a 20 minutos de Miño; dende Betanzos, Pontedeume e Sada chégase en 10 minutos; e tras 45 minutos de camiño dende Santiago de Compostela poderás poñer a túa toalla na praia.
Entre as súas praias máis famosas destacan a praia Grande e a praia de Perbes, galardoadas ano tras ano con ambas bandeiras azuis polos seus excelentes servizos e calidade da auga.

A praia Grande de Miño é un extenso areal urbano de augas tranquilas, un pouco ventoso, prolongado por un pequeño complexo dunar onde se pode aproveitar para facer un picnic, e que remata nunha zona de marismas formada pola desembocadura do río Baxoi. Esta praia é un dos maiores centros turísticos de Galicia, xa que a saída directa da autopista favorece a chegada de veraneantes dende a zona do Bierzo, toda a provincia de Lugo e o norte coruñés. Aínda que está equipada con múltiples zonas de aparcamento gratuíto, en épocas de máxima afluencia, recomendámosvos acudir a horas tempranas, porque pode resultar escaso. Como anécdota, sinalar que foi elixida a mellor praia de España polos lectores do diario 20minutos.

Pola súa parte, a praia de Perbes é un areal semiurbano de areas brancas e finas. Resgardada dos ventos e con augas moi tranquilas, é ideal para os bañistas aos que lles guste nadar. No seu lado dereito, existe un pequeño embarcaoiro onde fondean barcos de pesca e de recreo. Recomendámosvos agardar ao solpor, pois as vistas desde esta praia son espectaculares. Como ponte negativo, advertímosvos que o aparcamento gratuíto é moi escaso, e posiblemente teñades que aparcar nunha das múltiples fincas que os veciños utilizan como aparcamento privado.
Entre estas dúas praias de referencia, existen dúas praias menores que merecen especial atención: a praia de Lago e a praia de Marín.

A primeira é a cala contigua á praia Grande de Miño, tanto que, nos momentos de marea baixa, pode accederse dunha a outra andando. Ten un aparcamento ben sinalizado no lado esquerdo da estrada de Miño a Pontedeume. O acceso ao areal, situado no mesmo aparcamento, é un pouco complicado, xa que as escaleiras rematan nas rochas da praia e se está a marea alta tocará mollar os pés. Moi resguardada do vento e a vexetación, é unha aposta segura cando o tempo non é moi caluroso na zona. As augas son moi tranquilas e cálidas e soen utilizarse como fondeadero por barcos de recreo. Como particularidade, é a única praia que coñecemos que ten un ascensor privado que baixa ata a mesma desde unha urbanización. Unha auténtica aberración!

A praia de Marín está un pouco máis adiante, na mesma estrada cara Pontedeume. Non está moi ben sinalizada nin ten aparcamento público. É contigua á praia de Perbes e mesmo, coa marea moi baixa, pódese pasear entre elas a pé. Recomendamos outra vez que agardedes á posta de sol, posto que ver a cor vermella afundíndose no mar coa illa do Carbón é un espectáculo fabuloso.
Para terminar o día nesta magnífica zona, podedes gozar dunha apetitosa comida nun dos seus moitos restaurantes con carta típica galega, entre os que destacamos Crisol, O Bodegón e El Pinar, ou simplemente deleitarvos coa paisaxe sentados nunha terraza, como as de El viejo Almacén e Varadero.

Esperamos que vos gustara a nosa recomendación desta semana!
Comments